INSCRIPCIÓN ANPA

Benvidos a tod@s … escomenza un novo curso e dende a Anpa intentaremos facer o máis doado posible para que poidades estar informados en todo momento das novidades que vaian saíndo…un saúdo e escomenzamos.

Este é o formulario que tendes que cubrir e mandálo segundo as instruccions do mesmo.

Tamén engadimos as actividades extraescolares propostas dende a Anpa, para que poidades elexir.

E-DIXGAL

Queremos compartir con vós un documento que se fixo de forma voluntaria dende a Anpa para apoiar a iniciativa do colexio no proxecto E-Dixgal para implantalo a partires do curso que ven en 1° da Eso… Sempre traballando en beneficio do alumnado .

Un saúdo a todos.

A Anpa de Mende quere poñer en valor o feito de que no noso colexio se acordara a presentación do proxecto para implantar E-Dixgal en 1º da ESO.

Como parte da Comunidade Educativa, pesamos que as novas tecnoloxías son o futuro e que non podemos deixar atrás os avances tecnolóxicos. Esta pandemia fíxonos ver a necesidade real de adaptarnos aos novos tempos e que a tecnoloxía repercutirá en beneficio de tod@s e, sobre todo, na necesidade de que os nosos fill@s sepan dar respostas axeitadas a tempos tan cambiantes.

Esta necesidade de avanzar da man da tecnoloxía quedou máis que patente durante o confinamento, e tamén, neste preciso momento onde se atopa  un elevado número de alumn@s na casa por considerarse contactos estreitos de positivos,  entre eles o alumnado de terceiro, quinto e sexto de primaria que se poderían estar beneficiando deste sistema se o tiveramos implantado.

Con este proxecto E-Dixgal pensamos que as ventaxas que nos ofrece superan con creces ás dificultades que atoparemos no camiño, pois sabemos que as haberá pero como todo na vida trátase dun proceso de aprendizaxe e adaptación constante, tamén é certo que este proxecto xa leva varios anos implantado polo que xogamos coa ventaxa de que se atope máis perfeccionado.

Para informar aos nosos soci@s sobre este proxecto recollimos as vetaxas que consideramos deben coñecer antes de que se poña en funcionamento, no caso de que no lo concedan,  entre elas destacamos as seguintes:

  1. A aprendizaxe lévase a cabo nun entorno virtual, o que para o alumnado é máis motivador e intuitivo.
  2. Abre o mundo de internet ao alumnado que pola zona na que viven ou polas súas condicións socioeconómicas non teñen acceso na casa.
  3. O curso pódese seguir sen dificultade a pesar de que non teñan internet na casa (modo offline).
  4. A gratuidade, o que supón menos gastos para as familias. Prescindir de libros de préstamos que en moitas ocasións se atopan nun estado deplorable polo uso e o paso do tempo e os que tampouco  poden usar ao cen por cen  xa que non se pode escribir neles, suliñar ou engadir información complementaria.
  5. Os nenos non cargan en exceso mochilas algo que dende a Anpa nos preocupa de xeito especial neste curso tan peculiar onde os protocolos da Covid -19 non permiten deixar material nas aulas.
  6. O formato de autocorreción e mellora da ortográfica (con faltas non se pode pasar de pantalla).
  7. O profesor elixe os contidos que considera máis axeitados así como lle da a posibilidade de incorporar outros, se o considera preciso. Este método complétase con traballo na libreta polo que o alumnado non perde facultades senón que suma habilidades.

Esperamos que para o vindeiro curso se poda solicitar tamén para quinto e sexto de primaria e avanzar xuntos como centro integrado que somos.

O noso máis sincero agradecemento ao equipo directivo e ao profesorado implicado neste proxecto, xa que cremos  que lle vai dar a posibilidade aos nosos fill@s de avanzar da man da tencnoloxía, algo primordial nos  tempos que vivimos.

Sen dúbida estamos convencidas de que este avance terá repercusións positivas en toda a Comunidade Educativa.

Sen mais, recibide unha cordial aperta.

XUNTA DIRECTIVA DA ANPA DE MENDE

Cuestionario Educación Infantil

Estimadas familias,
Unha vez máis precisamos da vosa colaboración para realizar un cuestionario que dende a Fapa de Ourense achegáronnos para coñecer a vosa opinión.
Este cuestionario forma parte da investigación denominada “Los materiales didácticos
digitales en la Educación Infantil. Análisis y propuestas para su uso en la escuela y el
hogar. Infanci@ Digit@l (RTI2018-093397-B-100) financiada polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Axencia
Estatal de Innovación (AEI)».

Dito estudio ten como obxectivo identificar e analizar a oferta de recursos educativos dixitais coa que se traballa no 2º ciclo de Educación Infantil (3-6 años), así como coñecer os usos e valoracións que deles fai o profesorado e as familias. A vosa colaboración é de vital importancia neste estudo, polo que agradecemos de antemán a vosa participación. As respostas serán anónimas. O tempo aproximado para cumprimentalo é de 15 minutos. No seguinte enlace encontraredes a información disponible para poder responder ao cuestionario.
http://stellae.usc.es/limesurvey/index.php/674291?lang=es
Pregaríamosvos que nos envíedes o cuestionario rematado antes do 15 de Marzo.
De antemán, moi agradecidos pola vosa colaboración no proxecto. Somos moi conscientes
do gran esforzo que supón nestes momentos realizar este traballo.
Aproveitamos a ocasión para enviarvos un saúdo a todos , moito ánimo e coidaivos moito.

Boas Festas!!!

Hola a todos !!! Fai tempo que non publicamos nada no noso blog debido a que esta situación tan complicada que estamos a vivir limitou a nosa actividade como Anpa.
Pero non queremos deixar pasar estas datas sen desexarvos unhas boas festas e que poidamos deixar atràs este ano coa esperanza posta na chegada de tempos mellores.
Quen ía pensar que este endemoniado virus nos ía facer valorar cousas tan sínxelas como unha simple aperta.
A Anpa desexavos un Bo Nadal e Próspero Ano Novo no que poidamos voltar a sentirnos seguros de novo todos xuntos.
Coidarse moito e Sentidiño que foi o que demostraron os nosos fillos e fillas ao longo deste primeiro trimestre.
Aprendamos deles!!!

Deixámosvos un agasallo dos nosos fillos e fillas xunto coa comunidade educativa o completo …

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/node/1596

EUQUÉDOMENACASA

Ola a tod@s … hoxe dimos a volta a folla do calendario para sumar un mes máis a este ano que nunca pensamos que ía ser tan duro .
Xa levamos moitos días nas nosas casas ca intención de poder axudar a que o contaxio se reduza e non colapsar os nosos héroes sanitarios de este conto que entre todos faremos que teña un final feliz …
Queremos mandarvos, toda a xente que formamos a Anpa, a todos os que nos axudades voluntariamente nalgunha medida a que os nosos nenos teñan un sorriso… , os socios/as, os pais e nais en xeral … as/os mestres, ao persoal de cociña , conserxes, a xente de limpeza … a todos os que formamos esta familia do Colexio de Mende… unha mensaxe de esperanza .
Sabemos que está sendo difícil ver aos nenos e nenas na casa pero son precisamente eles os que nos demostran ser valentes e fortes aunque se lles pida que teñen que quedar na casa polo ben de todos …
É momento de disfrutar das pequenas cousas que a veces non valoramos , un café , un libro, unha chamada ,unha mensaxe a amigos , familiares, un raiño de sol, o silencio, a nosa saude e a das nosas familias …
Estamos a ver moitas noticias tristes pero intentemos ver o lado humano de todo isto , intentemos ver o importante que é cada un dos traballos que temos a carón nosa que estos días non son menos nin máis que outros , todos son importantes en cada momento , respetemos e valoremos o esforzo de todos.
Cando todo isto acabe veremonos con outra mirada e con outro aire puro … intentemos sacarlle o que realmente importa que é o humano o que somos capaces de facer por outros e por nós mesmos …
Non podemos olvidarnos de toda a xente que non puideron vencer esta loita, este virus , a todos eles o noso màis sentido cariño e recordo, que a vosa loita nos sirva de algo…
Esperemos que a próxima vez que volvamos a publicar no blog sexa por algo alegre e enchamos de fotos dos nosos nenos@as a pantalla …
Euquédomenacasa …

20200401_195315

«REMATAMOS O ANO CO PROXECTO EDUCAR NO FEMINISMO , CONSTRUIR A IGUALDADE»

Este trimestre veu cargado de moita actividade no Colexio de Mende. Dende a Anpa, a través da subvención da Secretaria Xeral de Igualdade, fixéronse obradoiros, charlas, contacontos, exposicións fotográficas por todo o colexio …

Tanto dende a dirección, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias participaron demostrando que se pode vivir en Igualdade …

As gafas lilás , fixéronse para poder ver con perspectiva de xénero, pasaron por as máns de todas as persoas que quixeron deixar unha mensaxe para o futuro dos nenos e das nenas. A Igualdade e un feito, non hai volta atrás…

Unha vez máis , agradecer a participación do colexio para que este proxecto fora posible así como as nais e pais que sempre colaboran desinteresadamente e facer unha mención especial a «Xeración» con Antía o seu carón, que axudáronos a ver cos ollos da realidade, grazas a todos.

Seguiremos facendo que os nosos nenos e nenas vexan coa «Igualdade».

 

Este é o enlace para ver o video que se fixo sobre este proxecto:

https://drive.google.com/file/d/1TZTJnMX1QN6UJSY8NuMqgzg8wfvY6tOr/view?usp=drivesdk

Tamén deixámosvos a reportaxe do programa emitido en Telemiño no seu apartado «Xornal Escolar»:

OS NENOS DE PRIMARIA CORREN A «SAN MARTIÑO». ESTE ANO CA MENSAXE… «POLA IGUALDADE».

 

 

As familias e o alumnado  do cole  de Mende correron a Carreira de San Matiño 2019 pola Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero, unha iniciativa máis do proxecto «Educar no Feminismo, Construir a Igualdade» que se está levando a cabo por parte da Anpa grazas a unha axuda de Secretaría Xeral de Igualdade.

Na proba da carreira Inclusiva facer unha mención especial as nosas nenas, os nosos nenos e a suas familias. Sodes un exemplo de Igualdade.

IMG-20191117-WA0031

 

 

 

MODALIDADES DE PAGO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias,

Debido a que temos varias empresas que xestionan as actividades extraescolares e diferentes formas de pago, fixemos estes CADROS-RESUMO para que vos sexa máis doado realizar os pagos.

INFANTIL

Captura de pantalla 2017-10-18 a las 22.25.10

PRIMARIA

Captura de pantalla 2017-10-18 a las 22.27.54

  • Para asistir as actividades extraescolares é preciso ser socio da ANPA, e pagar a cota anual na conta de ABANCA: IBAN ES46 2080 5261 1130 4002 1592.
  • Os pagos deberán realizarse nos 10 primeiros días de cada mes. (Para evitar comisións bancarias, podedes facer o ingreso a través dos caixeiros dos bancos. Non esquezades poñer o nome do alumno e a actividade).

Para calquer aclaración chamar ó teléfono da Anpa 675 016 171. Saúdos cordiais.