Quen somos

Somos a Asociación de Nais e Pais de Alumnos  de Mende( CPI José García García).  Constituimos unha asociación sen ánimo de lucro co fin de facer notar a voz das familias no centro escolar. Traballamos de xeito altruista para xestionar o funcionamiento dos servizos necesarios no noso colexio, para mellorar o contorno e as estruturas e infraestruturas do colexio e para levar a cabo actividades que fagan máis agradables estes importantes anos para os nosos fill@s.

Baixo o lema “Tod@s por un cole 10″  queremos formar un grupo activo e participativo do que todos  os pais e nais  formemos parte.