Dereitos e deberes

Serán deberes dos socios/as da ANPA  de Mende:

  • Observar e cumpri-los estatutos da Asociación e os acordos da Asemblea.
  • Contribuír economicamente ó sostemento da asociación na forma e modo que se estableza na Asemblea Xeral: pagar as cotas e os servizos nos que esten inscritos os seus fillos/as.

 

Serán dereitos dos asociados/as da ANPA de Mende

  • Elixir, ser elixible para tódalas funcións representativas da Asociación.
  • Ter voz e voto nas reunións da Asociación.
  • Tomar parte en tódalas actividades da Asociación e utiliza-los servicios que poidan establecerse en beneficio dos socios.
  • Dirixir peticións e propoñer iniciativas ós Órganos de Goberno da Asociación.
  • Recadar e recibir da Xunta Directiva canta información precisen sobre a xestión asociativa.
  • Asistir a tódalas reunións e actos convocados pola Xunta Directiva.
  • Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociación e na execución e eficacia dos mesmos.
  • Poder inscribir os teus fillos en calquera dos servizos e actividades ofertados pola ANPA Mende.
  • Seguro escolar.
     

Causarase baixa na Asociación ANPA Mede:

  • Por petición do interesado/a.
  • Por baixa dos fillos/as ou tutelados/as matriculados no Centro.
  • Por impago das cotas por un período superior a tres meses e mediando un
  • apercibimento previo da Xunta Directiva.
  • Por incumprimento dos Estatutos.
  • Por utilización da Asociación con fins alleos ós específicos da mesma.