EUQUÉDOMENACASA

Ola a tod@s … hoxe dimos a volta a folla do calendario para sumar un mes máis a este ano que nunca pensamos que ía ser tan duro .
Xa levamos moitos días nas nosas casas ca intención de poder axudar a que o contaxio se reduza e non colapsar os nosos héroes sanitarios de este conto que entre todos faremos que teña un final feliz …
Queremos mandarvos, toda a xente que formamos a Anpa, a todos os que nos axudades voluntariamente nalgunha medida a que os nosos nenos teñan un sorriso… , os socios/as, os pais e nais en xeral … as/os mestres, ao persoal de cociña , conserxes, a xente de limpeza … a todos os que formamos esta familia do Colexio de Mende… unha mensaxe de esperanza .
Sabemos que está sendo difícil ver aos nenos e nenas na casa pero son precisamente eles os que nos demostran ser valentes e fortes aunque se lles pida que teñen que quedar na casa polo ben de todos …
É momento de disfrutar das pequenas cousas que a veces non valoramos , un café , un libro, unha chamada ,unha mensaxe a amigos , familiares, un raiño de sol, o silencio, a nosa saude e a das nosas familias …
Estamos a ver moitas noticias tristes pero intentemos ver o lado humano de todo isto , intentemos ver o importante que é cada un dos traballos que temos a carón nosa que estos días non son menos nin máis que outros , todos son importantes en cada momento , respetemos e valoremos o esforzo de todos.
Cando todo isto acabe veremonos con outra mirada e con outro aire puro … intentemos sacarlle o que realmente importa que é o humano o que somos capaces de facer por outros e por nós mesmos …
Non podemos olvidarnos de toda a xente que non puideron vencer esta loita, este virus , a todos eles o noso màis sentido cariño e recordo, que a vosa loita nos sirva de algo…
Esperemos que a próxima vez que volvamos a publicar no blog sexa por algo alegre e enchamos de fotos dos nosos nenos@as a pantalla …
Euquédomenacasa …

20200401_195315