«REMATAMOS O ANO CO PROXECTO EDUCAR NO FEMINISMO , CONSTRUIR A IGUALDADE»

Este trimestre veu cargado de moita actividade no Colexio de Mende. Dende a Anpa, a través da subvención da Secretaria Xeral de Igualdade, fixéronse obradoiros, charlas, contacontos, exposicións fotográficas por todo o colexio …

Tanto dende a dirección, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias participaron demostrando que se pode vivir en Igualdade …

As gafas lilás , fixéronse para poder ver con perspectiva de xénero, pasaron por as máns de todas as persoas que quixeron deixar unha mensaxe para o futuro dos nenos e das nenas. A Igualdade e un feito, non hai volta atrás…

Unha vez máis , agradecer a participación do colexio para que este proxecto fora posible así como as nais e pais que sempre colaboran desinteresadamente e facer unha mención especial a «Xeración» con Antía o seu carón, que axudáronos a ver cos ollos da realidade, grazas a todos.

Seguiremos facendo que os nosos nenos e nenas vexan coa «Igualdade».

 

Este é o enlace para ver o video que se fixo sobre este proxecto:

https://drive.google.com/file/d/1TZTJnMX1QN6UJSY8NuMqgzg8wfvY6tOr/view?usp=drivesdk

Tamén deixámosvos a reportaxe do programa emitido en Telemiño no seu apartado «Xornal Escolar»: