E-DIXGAL

Queremos compartir con vós un documento que se fixo de forma voluntaria dende a Anpa para apoiar a iniciativa do colexio no proxecto E-Dixgal para implantalo a partires do curso que ven en 1° da Eso… Sempre traballando en beneficio do alumnado .

Un saúdo a todos.

A Anpa de Mende quere poñer en valor o feito de que no noso colexio se acordara a presentación do proxecto para implantar E-Dixgal en 1º da ESO.

Como parte da Comunidade Educativa, pesamos que as novas tecnoloxías son o futuro e que non podemos deixar atrás os avances tecnolóxicos. Esta pandemia fíxonos ver a necesidade real de adaptarnos aos novos tempos e que a tecnoloxía repercutirá en beneficio de tod@s e, sobre todo, na necesidade de que os nosos fill@s sepan dar respostas axeitadas a tempos tan cambiantes.

Esta necesidade de avanzar da man da tecnoloxía quedou máis que patente durante o confinamento, e tamén, neste preciso momento onde se atopa  un elevado número de alumn@s na casa por considerarse contactos estreitos de positivos,  entre eles o alumnado de terceiro, quinto e sexto de primaria que se poderían estar beneficiando deste sistema se o tiveramos implantado.

Con este proxecto E-Dixgal pensamos que as ventaxas que nos ofrece superan con creces ás dificultades que atoparemos no camiño, pois sabemos que as haberá pero como todo na vida trátase dun proceso de aprendizaxe e adaptación constante, tamén é certo que este proxecto xa leva varios anos implantado polo que xogamos coa ventaxa de que se atope máis perfeccionado.

Para informar aos nosos soci@s sobre este proxecto recollimos as vetaxas que consideramos deben coñecer antes de que se poña en funcionamento, no caso de que no lo concedan,  entre elas destacamos as seguintes:

  1. A aprendizaxe lévase a cabo nun entorno virtual, o que para o alumnado é máis motivador e intuitivo.
  2. Abre o mundo de internet ao alumnado que pola zona na que viven ou polas súas condicións socioeconómicas non teñen acceso na casa.
  3. O curso pódese seguir sen dificultade a pesar de que non teñan internet na casa (modo offline).
  4. A gratuidade, o que supón menos gastos para as familias. Prescindir de libros de préstamos que en moitas ocasións se atopan nun estado deplorable polo uso e o paso do tempo e os que tampouco  poden usar ao cen por cen  xa que non se pode escribir neles, suliñar ou engadir información complementaria.
  5. Os nenos non cargan en exceso mochilas algo que dende a Anpa nos preocupa de xeito especial neste curso tan peculiar onde os protocolos da Covid -19 non permiten deixar material nas aulas.
  6. O formato de autocorreción e mellora da ortográfica (con faltas non se pode pasar de pantalla).
  7. O profesor elixe os contidos que considera máis axeitados así como lle da a posibilidade de incorporar outros, se o considera preciso. Este método complétase con traballo na libreta polo que o alumnado non perde facultades senón que suma habilidades.

Esperamos que para o vindeiro curso se poda solicitar tamén para quinto e sexto de primaria e avanzar xuntos como centro integrado que somos.

O noso máis sincero agradecemento ao equipo directivo e ao profesorado implicado neste proxecto, xa que cremos  que lle vai dar a posibilidade aos nosos fill@s de avanzar da man da tencnoloxía, algo primordial nos  tempos que vivimos.

Sen dúbida estamos convencidas de que este avance terá repercusións positivas en toda a Comunidade Educativa.

Sen mais, recibide unha cordial aperta.

XUNTA DIRECTIVA DA ANPA DE MENDE