INICIO ACTIVIDADE NATACIÓN EN AQA OURENSE

Informámosvos que esta semana dá comezo a actividade de natación, os luns, mércores e venres. O horario como xa sabedes é de 17:15-18:00. Empezan puntuais, asique debeis de ter cambiados aos nenos para entrar á piscina ás 17:15. Deberán levar bañador, gorro e chanclas. Á entrada do Ximnasio debedes dicir o nome dos nenos e que sodes do grupo da Anpa de Mende, seguramente vos pedirán algún dato que falta por cubrir para facerlles a ficha a acada un. Os monitores xa organizan os grupos en función do nivel de cada nen@.
A actividade págase trimestralmente: 30? trimestre que se deberá ingresar na conta da Anpa entre os días 1 e 15 de cada trimestre. ES46 2080 5261 11 3040021592. (Pór nome do nen@ e Natación)
As clases de natación non se suspenden porque haxa vacacións escolares, é dicir, tanto en Nadal, Entroidos, Semana Santa, et… as clases continúan, só non haberá se coincide cun dia festivo.
Se tedes calquera dúbida, chamar ou escribir á Anpa.

 

ninos_nadando

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO

NO DOG DE HOXE PUBLICOUSE A ORDE DO 16 DE MAIO DE 2017 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

preme aquí

 

mafalda-leyendo-color

Comunicado da CONFAPA sobre as avaliacións individualizadas de 3º de Primaria

Achegámosovos o comunicado de CONFAPA Galicia sobre a avaliación de 3º de Primaria, un modelo de xustificación de falta para aquelas familias que non queiran levar aos seus fillos/as a clase ese día, e a ligazón ao DOG do decreto da devandita proba de 3º.

Comunicado proba de avaliación

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170505/AnuncioG0164-270417-0003_es.html

 

150408-fb-educacion-ley-educativa-profesor-alumno-logse-lomce-loe

DÍA DO LIBRO 2017

mafalda_lee

 Con motivo da celebración do Día do Libro, o venres 21 de abril, terá lugar no centro un «maratón» de lectura de contos.

Dende a ANPA anímamos a todas as nais, pais e calqueira outro familiar que queira participar a que acudan ese día, a ler un conto aos/as alumnos/as do centro.

Para poder participar nesta actividade ponte en contacto con nós antes do día 31 de marzo, indicando que conto che gustaría contar e a que grupo de alumnado.

ANÍMATE, PARTICIPA E LE!!!

Captura de pantalla 2017-03-26 a las 10.42.10